8 de marzo montessori

5
8 de marzo 2016 Día internacional das mulleres Maria Montessori (Chiaravalle, Italia, 1870- Noordwijk, Holanda,1952)

Transcript of 8 de marzo montessori

Page 1: 8 de marzo montessori

8 de marzo 2016Día internacional das mulleres

Maria Montessori (Chiaravalle, Italia, 1870- Noordwijk, Holanda,1952)

Page 2: 8 de marzo montessori

• Foi unha das primeiras mulleres graduadas en medicina no seu país (1896), pese á inicial oposición familiar. Posteriormente estudaría tamén Pedagoxía, Antropoloxía e Filosofía. Encamiñou inicialmente a súa carreira hacia a psiquiatría, interesándose logo polos nenos con retraso mental e polos rapaces marxinados pola sociedade

• En 1907 inaugurou a primeira Casa dos nenos en Roma, no barrio popular de San Lorenzo, traballando con nenos da clase máis humilde da poboación. A partir deste momento se inauguraron varias Casas dos nenos en Italia, e en 1909 publicou un libro sobre a pedagoxía científica aplicada nestas casas dos nenos. Foi adquirindo notoriedade internacional a partir de 1913, cando foi invitada a realizar unha xira de conferencias por Estados Unidos para difundir o seu método.

Page 3: 8 de marzo montessori

• O Método Montessori pon énfase na autoeducación do alumno, entendendo esta máis aló da acumulación de información. Defende o respeto ás necesidades e os intereses de cada estudante como individualidade, conducindo estes o seu propio aprendizaxe. O profesorado é acompañante no proceso e o que detecta de modo particular o potencial que manifesta cada un. O sistema educativo de Montessori proponse crear un “neno novo” como principio dun “home novo”.

• Inda que inicialmente recibe o apoio do réxime de Mussolini, acaba abandonando Italia por mor do fascismo en 1934. Continuou traballando noutros países como España ou India ata a súa norte en 1952 en Holanda.

Page 4: 8 de marzo montessori

Algunha bibliografía na BUSC…

Page 5: 8 de marzo montessori

A pesar de que o seu método ten detractores, as escolas montessorianas están actualmente repartidas por todo o mundo, o que sinala a súa importante influencia no ámbito educativo internacional.

Biblioteca de Psicoloxía e Ciencias da EducaciónSíguenos en: https://plus.google.com/109382392011335140369/posts

https://www.pinterest.com/buscpsi/