Biblioxornal nº 14

6

Click here to load reader

description

Boletín especial Día da Muller

Transcript of Biblioxornal nº 14

Page 1: Biblioxornal nº 14

B O L E T Í N D O E Q U I P O D A B I B L I O T E C A

8 Marzo 2009 I.E.S. “San Paio” — Tui

Número 14

K wx ÅtÜéÉK wx ÅtÜéÉK wx ÅtÜéÉK wx ÅtÜéÉ YxÅ|Ç|ÇÉ? ÑÄâÜtÄYxÅ|Ç|ÇÉ? ÑÄâÜtÄYxÅ|Ç|ÇÉ? ÑÄâÜtÄYxÅ|Ç|ÇÉ? ÑÄâÜtÄ

Page 2: Biblioxornal nº 14

P á x i n a 2 N ú m e r o 1 4 – 8 m a r z o 2 0 0 9

Con B de BIOLOXÍACon B de BIOLOXÍACon B de BIOLOXÍACon B de BIOLOXÍA

MARGARITA SALAS Margarita Salgas Falgueras naceu en Oviedo en 1938. É Licenciada en Ciencias Químicas e doutora en Ciencias pola Universidade Complutense de Madrid. Publicou máis de 200 traballos científicos, pertence ás máis prestixiosas Sociedades e Institutos científicos nacionais e internacionais, colabora e é membro do Consello Editorial das máis importantes publicacións científicas e foi nomea-da directora do Instituto de España, organismo que agrupa á totalidade das Academias Españolas. Traballou nos laboratorios de Alberto Sols, en Madrid, e de Severo Ochoa, en Nova York, xunto ao seu marido Eladio Viñuela, tamén pioneiro da bioloxía molecular española. É membro da Real Academia de Ciencias. En 1994 recibiu o Premio Jaime I de Investigación Discípula de Severo Ochoa foi a encargada de impulsar a investigación española no cam-po da bioquímica e a bioloxía molecular. De 1968 a 1992 foi profesora de Xenética Molecular na Facultade de Químicas da Universi-dade Complutense e, posteriormente , profesora de Investigación do Centro Superior de Investigacións Científicas no centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa (CSIC-UAM) e directora da liña de investigación "Replicación e transcrición do ADN do bacteriófago Æ 29". Entre as súas múltiples distincións podemos destacar: o Premio L`Oreal-UNESCO for Wo-men in Science (1999), e a Gran Cruz da Orde Civil de Afonso X o Sabio (2003). Margarita Salgas valorou en certa ocasión que a historia de Severo Ochoa (o seu gran mestre) é «un bo exemplo de que a vida dun investigador non é fácil, polo menos nos seus comezos». Así, comentou que tivo «que loitar, e ata os 39 anos non logrou un traballo fixo, lonxe das bolsas». É a primeira muller científica que forma parte da Real Academia Española. ...e de BIZANCIO...e de BIZANCIO...e de BIZANCIO...e de BIZANCIO TEODORA (501-548)

Emperatriz bizantina esposa de Justiniano I. Gozou de gran popularidade e poder.

Filla dunha familia circense, contraeu matrimonio con Justiniano I e converteuse en empera-

triz no perí odo de máximo esplendor do Imperio Bizantino. Con todo, a

súa dobre condición de actriz circense e de meretriz , impediu nun pri-

meiro momento o matrimonio con Justiniano ata que ditou unha lei per-

mitindo o matrimonio entre clases sociais diferentes.

Gran lexisladora, encargouse de ditar diversas leis de corte feminista que

protexeron amplamente os dereitos da muller.

· Dela saí u a primeira lei do aborto que se coñece.

· Mellorou a lei do matrimonio que daba máxima liberdade ata para co-

meter bigamia.

· Protexeu do castigo ao adúltero ou a adúltera. · Permitiu o matrimonio libre entre clases sociais, razas ou relixións.

· Permitiu que a muller puidera divorciarse libremente.

· Prohibiu a prostitución forzosa. · Instaurou a pena de morte por violación.

· Regulamentou os burdeis para evitar abusos debendo estar rexentados polas propias mulle-

res.

A Biblioteca presenta nesta efeméride unha pequena relación de mulleres ilustres en diversos campos do saber; son poucas mais suficientes para xustificar o lema

da nosa portada: feminino , plural.

Page 3: Biblioxornal nº 14

P á x i n a 3 N ú m e r o 1 4 – 8 m a r z o 2 0 0 9

Con F de FÍSICACon F de FÍSICACon F de FÍSICACon F de FÍSICA

Lise Meitner (1878-1968) licenciouse en Física e especializouse en Física Nu-clear. Foi profesora da Universidade de Berlín. A súa gran capacidade investiga-dora xunto ao magnífico profesorado co que contou na Universidade contaxiá-ronlle unha enorme paisón polo descubrimento da materia. Xunto a Otto Hahn descubriu o elemento químico Protactinio, de número ató-mico 91 e a fisión nuclear ; mais non foi recoñecida co Premio Nobel xa que Lise era xudía e tivo que escapar do Berlín nazi. Hahn aproveitou isto para

non incluila na investigación e obter o Nobel de Química.

... e de FRANCIA... e de FRANCIA... e de FRANCIA... e de FRANCIA

Flora Tristán naceu en París en 1803. Durante os primeiros anos da súa vida, Flora non se viu privada de nada e creceu nun fogar sempre concorrido por visitas do nivel de Simón Bolívar e o seu mestre Simón Rodríguez. A morte do seu pai, cando Flora só tiña 4 anos, some á familia na pobreza. O estado francés revolucionario non r e c o ñece á v i ú va n i n a os f i l l o s ne gá ndo l l e s c a l q ue ra be n o u d e r e i t o . Por este motivo, Flora comeza a traballar como obreira nun taller de lítografia. Con apenas 17 anos, casa co pro-pietario deste, André Chazal, e ten tres fillos, un deles, Aline, será a futura nai do pintor Paul Gaugin. Decepcionada do matrimonio comeza a traballar como criada dunha familia inglesa. Iníciase entón unha loita legal p o l a c u s t o d i a d o s f i l l o s q u e d u r a r í a 1 2 a n o s . As súas amargas vivencias espertan nela un pensamento e unha actitude revolucionaria que a converte na precursora do movemento feminista. Viaxa por varios países onde realiza traballos de toda clase, é neste momento cando toma conciencia da súa condición de paria . Convértese en defensora declarada dos dereitos e liberdades da clase obreira e da muller. Viaxa por toda Francia dando apoio aos traballadores do seu país. En 1844 falece vítima do tifo con só 41 anos, deixando plasmadas as súas ideas e as súas viven-cias na súa prolífica obra, da cal destacan Peregrinacións dunha paria, Paseos en Paris, unha recompilación de cartas do Libertador Simón Bolívar, dous libros a favor do divorcio...

con E de ECONOMÍAcon E de ECONOMÍAcon E de ECONOMÍAcon E de ECONOMÍA

Alice Tepper Marlin (1945-) obtivo o Right Livelihood Award, chamado o Nobel Alternativo, en 1990, por "mobilizar o poder dos consumidores cara a prioridades xustas e sostibles". En 1968, Alice Tepper Marlin era analista de investimentos. Un fondo de pensións de Bos-ton encargoulle un estudo para unha "Carteira de Paz", é dicir, un paquete de empresas que non fosen provedoras e tivesen moi pouca relación coa guerra de Vietnam. Cando Tepper concluíu o seu estudo, máis de 600 organizacións de todos os Estados Unidos solicitaron a información. Seis meses máis tarde, Alice Tepper fundou o Consello de Prioridades Econó-micas (CEP) do que segue sendo Presidenta. O CEP é un centro de investigacións enfocado a tres temas: seguridade nacional, enerxía e ambiente e responsabilidade das empresas. As investigacións sobre responsabilidade das empresas abordan temas tales como os investimentos éticos, o efecto dos co-mités de acción política, o emprego xusto e temas de consumo. Éstas son palabras súas:"Imbuídos dunha nova conciencia do seu propio poder, os consumidores

empezaron a apoiar o sinxelo e tranquilo activismo de depositar o seu voto económico no mostra-

dor de pagamento, nas caixas rexistradoras; un acto que pode aumentar o poder de todos nós ".

Page 4: Biblioxornal nº 14

P á x i n a 4 N ú m e r o 1 4 – 8 m a r z o 2 0 0 9

Con L de LITERATURACon L de LITERATURACon L de LITERATURACon L de LITERATURA

Avelina Valladares (1825-1902) Dedicouse profusamente á escrita durante dous períodos da súa vida: a década de 1840 a 1850 e os anos de 1864 a 1879. Como poeta, poderiámola inscribir na tradición maiormente cultivada polas plumas de muller naquela altu-ra, xa que as súas composicións tratan temas relixiosos, amicais, de costumes... O que máis chama a atención dentro da súa produción son os artigos que conservamos que abordan, sen complexos, cues-tións prácticas como os cultivos, fan denuncia social ("El ochavo milagroso" critica algunhas supersticións populares) ou diríxense á autoridade (neste caso eclesiástica) para facer peticións de interese xeral. É ta-mén digno de destacar o seu Diálogo entre un peregrino que se dirige a Compostela y un labriego , obra bilingüe con claras características proclives á dramatización . Porén, debemos lamentar o peso dos pre-conceptos sociais no XIX que fixeron que Avelina Valladares non concedese importancia á súa obra escri-ta: a maior parte dela nin a entregou ao prelo e incluso opinaba da súa poesía que eran harapos [...] que nada valen y sólo sirven para descansar en nuestra biblioteca de familia. Aínda así, Avelina Valladares é unha pioneira na literatura galega, xa que é das primeiras mulleres (se non a primeira) en publicar artigos que hoxe chamariamos de opinión na prensa escrita, así como unha adiantada ao empregar a lingua galega nalgúns dos seus poemas.

Con H de HISTORIACon H de HISTORIACon H de HISTORIACon H de HISTORIA Clara Campoamor naceu en Madrid en 1888 e faleceu, no exilio, en 1972. Avogada dende 1925, en 1931 foi elixida deputada polo Partido Radical. Loitou enerxicamente ata lograr o recoñecemento do dereito ao voto da muller. En 1936 exiliouse en Francia. Escribiu dúas obras: O meu pecado mortal. O voto

feminino i eu e A revolución española vista por unha republicana. O segundo, publicado en París, nunca foi editado en español. Concepción Arenal é unha das mulleres máis destacadas da España do sé-culo XIX e unha das iniciadoras do feminismo. Licenciada en Dereito, prolífica pensadora do dereito penitenciario e da medicina hospitalaria, practicou con tenacidade as súas ideas, inspiradas nos principios da liberdade, da xustiza e da caridade. Visitadora de Prisións de mulleres e organizadora da Cruz Ver-

Belén Moreno Feliú (1961-1997). Cun alto nivel de esixencia e un grande exercicio de responsabilidade, Belén Feliu elabora unha obra litera-ria, sempre nos territorios do relato, marcada pola indagación, a ironía, a subversión e o xogo. A súa é, en

palabras de Chus Pato, unha escrita "contra a traxedia, contra as estúpidas linguas do infortunio e por iso é narración pero tamén pensamento e poética: Flaubert, Baudelaire, Benjamin". No ano 1994 comeza a colaborar na revista Festa da Palabra Silenciada. Participa na xénese do "I Encontro de Poetas Penínsulas e das Illas. Decide publicar e pre-para a edición do seu primeiro e único libro de relatos Da Guenizah. A súa obra apenas recibe atención, só unhas recensións se achegan a un libro rup-

turista, irreverente e insólito no contexto da literatura galega. Cando aínda non se falaba das narradoras galegas, Belén Feliú escribiu unha única obra que abría o camiño, truncado prematura-mente, da que podía ser unha das grandes narradoras da literatura galega. Deixou unha ampla obra, aínda inédita. Juana de Ibarbourou: poetisa uruguaia (1895-1979). Autora de poemas centrados na realidade cotiá que foxen dos formalismos modernistas. ►

Page 5: Biblioxornal nº 14

P á x i n a 5 N ú m e r o 1 4 – 8 m a r z o 2 0 0 9

Con M de MATEMÁTICASCon M de MATEMÁTICASCon M de MATEMÁTICASCon M de MATEMÁTICAS

������ ����� ���������) ������ � ���������� ��� ������ !�"���# ��$� #��%�&��$ �% ����$���%

� ��$� �$�%����$ �% %��% �$����% �$�"����%' (���� !�&$��&� %� ����$�� �� )�� � %�� "$������� ������ �$� ��*�

�����$ #��+�$���%� �� %�� �$�,�%�$ ��$��#���$' �%#$�"�� #�$��% � ���%% #� %���-���� �� !�"���# ��%�$.������

�% %/�% ��+�%��&�#�-�% %�"$� 0��$1� ��% �/��$�%'

SOFÍA SONIA KOVALEVSKAYA (1850-1888) Para poder estudar Matemáticas recurriu a un matri-

monio ficticio con Vladimir Kovalevski. O famoso matemático Wiestrass accedeu a darlle clases privadas, pero a universidade de Berlín negoulle a posibilidade de ler a súa tese que tras moito traballo conseguiu ler e publicar. Dez anos máis tarde Sofía conseguiu unha praza como profesora de universidade. Cinco anos antes da súa morte a academia da ciencia de Paris otorgoulle o seu maior recoñecemento por un traballo no que resolvía algúns problemas nos que fracasaran matemáticos famosos como Euler e Lagrange.

... e de MÚSICA... e de MÚSICA... e de MÚSICA... e de MÚSICA Mercedes Peón Mercedes Peón Mercedes Peón Mercedes Peón é unha cantante e instrumentista galega. Fíxose moi popular como presentadora do programa Luar da TVG no que traballou mostrando as súas investigación de máis de 10 anos percorrendo as aldeas galegas na busca da tradición oral e as músicas máis ancestrais. As súas primeiras gravacións foron en colaboración con outros artistas galegos como Xosé Manuel Budiño, Os Diplomáticos de Monte-Alto ou co antigo grupo de Manu Chao, Mano Negra. Nesta altura formou o grupo Ajrú, co que únicamente gravaría uns temas recollidos no compilato-rio Naciones Celtas II. Probablemente o seu tema máis popular sexa o principal da serie Mareas vivas (TVG).

����� ������ �� � �� ��) � ������� ������ ��� � �������� � ������ � ������� ������ � ��� ��� �������� �� �� ����� � �� ���� � ��� ������� � ���� �� ������ ��������� ������ ����� ���� � ���!� ���

������� ���" ��� ������������ �� ��� ��� ���� ��������������� �������� ����� � ������ � � #� ���� ��� ����� ����$� %����� ����� ��� ��� ���� %� &�� � ������� � ������ ���� ���������� �������� ' ��(�� � ������ � ����������� )�!� (��� ������ ��(� ��!� ���� ������ �� � ���(��� ���!� !�� �� ���������� ��!� ������ ��������� �� �� ���� ���������� ��� !��� ������ ����������� �� ������ *��� +���� ����� � ����� � � ��� ������� ���� ����

��( �� ������ �� ����� � ,������� � ���� �� �� ����� ����� � ����� �� � -���� �(� � �� ��� ���(����� ��� ����� .���� /������ ��� ���������� ��� ��� ����� �� ���� ������ �������� �� ������ ��������� ������ ������ �� � ���� ���� ����� �������� ��� �� �� �� ��� ����� �������� � ���� �� � �� ������� ���� �� ���� ����� �������.

María de Zayas (Madrid, 1590-1661): narradora española influída por Cervantes e Boccaccio escribiu Novelas amorosas y exemplares (1637) e dez anos máis tarde Parte segunda del sarao y entretenimientos honestos (Desengaños amorosos) .

María Lejárraga María Lejárraga María Lejárraga María Lejárraga (1874-1974): escritora española defensora do feminismo e pioneira do socialismo español. Gran parte da súa obra dramática foi publicada baixo o nome de Gregorio Martínez Sierra, o seu cónxuxe.

Page 6: Biblioxornal nº 14

P á x i n a 6 N ú m e r o 1 4 – 8 m a r z o 2 0 0 9

Máis información sobre mulleres ilustres no libro colaborativo que atoparás entrando en: http://centros.edu.xunta.es/iessanpaio

Biblioteca (o noso espazo)> Actividades> Commemoracións

Con P de PEDAGOXÍACon P de PEDAGOXÍACon P de PEDAGOXÍACon P de PEDAGOXÍA María Barbeito Cerviño: Esta pioneira da renovación pedagóxica no primeiro terzo do século XX,, nacida o 2 de marzo de 1880 na Coruña, educouse nun ambiente familiar culto e liberal. Obtivo o título de Mestra Superior aos 16 anos. Número un nas oposicións en 1901, elixiu destino na Escola Nacional da Guarda, centro que dirixiu desde 1915 a 1936 e no que aplicou unha nova filosofía educativa que o converteu en referencia obrigada para o maxisterio galego. Implantou en Galiza por primeira vez o método Montessori. Profesional e humana, concedía grande importancia ás relacións persoais: o diálogo, a cordialidade, o compañeirismo, o respecto, presidiron o seu traballo na comunidade educativa En 1935 emprendeu unha viaxe por escolas europeas para informarse de como ensinaban a nenos e nenas coa finalidade de trasladar ao profesorado os novos conceptos e a nova metodoloxía. Foi, así mesmo, unha firme defensora dos dereitos das mulleres e traballou pola súa emancipación social, cul-tural e profesional. A sublevación de 1936 cortou a súa brillante traxectoria profesional. A Comisión Depuradora do Maxisterio resolveu, en novembro de 1937, a súa separación do servizo. En 1941 comezou nova etapa, centrada na actividade como escritora. Foi membro correspon-dente da Real Academia Galega e formou parte da sección pedagóxica do Instituto de Estudios Galegos. María Barbeito Cerviño morreu na súa cidade de nacemento o 20 de novembro de 1970.

◄ María de Maeztu Withney (Vitoria,1881 – Bos Aires,

1948)

Pertenceu á Institución Libre de Enseñanza. Foi a gran im-

pulsora da cultura femenina en España. Conferenciante extra-

ordinaria defendeu a igualdade intelectual e moral entre

homes e mulleres.

Rosa Sensat i Vila (El Masnou, 1873 – Barcelona, 1961) ► Contribuiu ao desenvolvemento da escola pública española con novas propostas pedagóxicas

procedentes doutros países europeos Con Q de QUÍMICACon Q de QUÍMICACon Q de QUÍMICACon Q de QUÍMICA EDITH FLANIGEN (1929-?) Tras licenciarse en química-física inorgánica comezou a tra-ballar na Union Caribde Corporation, onde identificou, extraíu e purificou varios políme-ros de silicona para ser usados en procesos químicos. En 1956 comezou a traballar con compostos cristalinos que conteñen poros de tamaño molecular, que se poden utilizar para filtrar e descompor partes constituíntes das mestu-ras complexas, ou como sustancias catalizadoras que aceleran as reaccións químicas. O máis importante composto cristalino é o Zeolite que se usa para refinar o petróleo. Estes zeolitos chamados, “zeolitos de Flanigen” por ser ela a súa inventora, úsanse como catalizadores para obter gasolina máis eficiente, máis limpa e máis segura.

Con R de RELIXIÓNCon R de RELIXIÓNCon R de RELIXIÓNCon R de RELIXIÓN

Hildegard von Bingen foi unha excelente cosmóloga e médica. Desde pequena manifestou unhas capaci-dades intelectuais excepcionais. Ingresou antes dos 8 anos nunha abadía benedictina . Foi abadesa do convento de Disibodenberg. Era unha muller moi respectada e admirada na súa época. Nun tempo no que as mulleres eran consideradas inferiores aos homes, Hildegarda expresábase nas súas obras en términos específicamente femininos. Foi famosa polas suas curas e destreza medica. Esta-blece ademais unha clasificación dos temperamentos das plantas segundo a súa calidade quente ou fría, seca ou húmida.... A súa obra médica Libro da medicina composta é unha das mais avanzadas da súa época. En Causae et curae aplicou a teoría dos catro humores ao sexo feminino e escribiu claramente sobre problemas femininos como a concepción ou a menstruación. Tamén realizou estudos sobre os me-