A escultura renacentista no Cinquecento: a obra de Miguel Anxo

Post on 05-Dec-2014

1.601 views 0 download

description

Tradución ao galego dunha presentación do prof. Tomás Pérez Molina, onde nos achega ás principais características da escultura no alto Renacemento a través da obra de Miguel Anxo Buonarroti

Transcript of A escultura renacentista no Cinquecento: a obra de Miguel Anxo

A ESCULTURA NO S. XVI

Miguel Anxo Buonarroti1475-1564

Jean de Boulogne chamado Giambologna (Douai 1529 - Florencia

1608)

Benvenuto Cellini (Florencia, 1500- Florencia, 1571)

Miguel Anxol Buonarroti escultor

1475-1564

A OBRA ESCULTÓRICA DE MIGUEL ANXO: EVOLUCIÓN

MOCIDADE(CLASICISTA)

MADUREZ(TRANSICIÓN)

VELLEZ(MANIERISMO)

A Virxe da escaleira (1490-92)Obras de mocidade:

a inspiración clásicae a influencia de Donatello,

impregnadas do seu carácter impetuoso

Busca do idealde beleza

A Crucifixión (Florencia, Casa Buonarroti, 1492-93)

Madeira policromada, 142 x 135 cm.

A Batalla entre os Lapitas e os centauros (1490-94)Relevo, bloque de mármore branco de Carrara

90 x 90 cm.

Esta obra de 1490-94 pode ilustrar a imaxe da batalla dos Lapitas cos CentaurosTrataríase dunha proba coa que Miguel Anxo amosa que compartía as preocupacións artísticas dos artistas innovadores da súa épocaConsegue unha unidade global por medio do entrelazamento de todas as figuras, dispostas harmoniosamente en tensión físicaO relevo resultaría dificilmente lexible de estaren as figuras vestidas: necesitamos poder recoñecer un brazo en tensión, noutra zona un torso crispado polo esforzo da loita, noutra o perfil dunha caída

Debuxos de Miguel Anxo

A comprensión científica de

“como funciona” o corpo humano

Baco 203 cm.1496-98

A Piedade. Mármore branco1498-1500

detalle do rostro

É a primeira vez que un escultor aborda o bloque de mármore dende a súa cara estreita, polo que a estatua será máis profunda que ancha (característico da súa obra, repetirase no seu estilo)

O Neno aparece no plano frontal e a ollada inscríbese no paralelípedo de mármoreA composición é máis compacta e máis dinámica que a dos tondos

Os detalles do modelado están simplificados: non atopamos pregamentos profundos e a axitación de liñas da Piedade vaticana

Virxe co Neno, 128 cm.1503 -04

A maior novidade reside na figura do Neno. Miguel Anxo represéntao na acción de descender do colo da nai para dar os seus primeiros pasos no camiño que o levará a morrer polos homesA figura en movemento, suavemente torsionada do Redentor, ofrécese á mirada integrada harmoniosamente no volume da Nai. Unha dozura e gravidade que son novos impregnan a obra

Tondo Pitti. 1504-05

A Virxe, sentada sobre un cubo de pedra e volta frontalmente cara ao espectadorNa súa fronte leva esculpida a imaxe dun serafín, axente da omnisciencia divina e, por tanto, da capacidade de predicir o futuro.O Neno, situado de pé onda a nai, está inspirado nas figuras dos xenios funerarios dos antigos sarcófagos romanos

A PRAZA DA SEÑORÍA DE FLORENCIA

David (1501-1504)Mármore, 5.16 m. de altura

Detalle

Detalle

Cristo coa cruz1521

mármore, 205 cmSanta Maria Sopra

Minerva, Roma

Xenio da Vitoria

Florencia, Palazzo Vecchio, 1532-34

MAUSOLEO DE XULIO II en San Pedro in Vincoli(Tumba mural, enconstada ao muro)

Ambicioso proxecto: monumento con máis de 40 estatuas, ao que Miguel Anxo se refería como a "traxedia dunha sepultura", non estivo rematado á morte do Papa; os seus sucesores opuxéronse a que o artista continuara as obras -no lle tiñan moito aprecio- e os restos de Xulio II acabaron na Basílica de San PedroAs tres estatuas de Miguel Anxo foron colocadas sen respectar a colocación do proxecto inicialAs outras dúas estatuas destinadas a decorar a tumba do papa Xulio II representan ás dúas mulleres de Xacobe: Raquel, que simboliza a vida activa; e Lía, que simboliza a vida contemplativaFaise unha representación da personalidade do Papa

MAUSOLEO DE XULIO II en San Pedro in Vincoli.

(San Pedro "encadeado" por atoparse nesta

igrexa as cadeas que ataron o

apóstolo)

MOISÉS, 235 cm.. la “Terribilità“

detalle del rostro

Posible autorretrato de Miguel AnxoA barba fluída representa a auga, mentres que o cabelo representaría o lume. aría el fuego. A intensidade da mirada subliña a indignación do xestoEsta irritación pode corresponderse co momento representado: momentos antes de que Moisés destrúa as Táboas da Lei, cando descobre que o pobo traizoou a Yahvé; ou, talvez, ao profetizarlle Yahvé quen non pisará a Terra Prometida

Rachel e Leah, 1545

Iniciadas por M. Anxo, mais rematadas polos seus colaboradores

Escravos da tumba de Xulio IIMuseo do Louvre (París)

Escravo moribundo229 cm

Mármore blanco1510-1513

(Tumba de Xulio II)

Cautivo

aprisionado no bloque de mármore, 267 cm

Escravobarbado248 cm.

Prisioneiro atlante208 cm.

San Mateo

(Florencia, Accademia delle Belle Arti, 1530-33)

A sancristía nova da igrexa de San Lourenzo, onde se atopa o sepulcro dos Médici

(1520-1534). Florencia

Atopamos a Lourenzo de Médici e a Giuliano de Médici, duques de Nemours

As tumbas están plantexadas coma sepulcros-retablo, simetricamente dispostasConforman unha estrutura piramidal con dúas figuras alegóricas en cada sarcófago e a imaxe idealizada do defunto enriba (a Miguel Anxo non lle interesa o parecido real do retratado)

No s. XVI Lourenzo recibiu o alcume de Il Pensieroso, que pode ter relación coa doenza mental que sufriu nos últimos anos da súa vidaLévase a man ao queixo, e o dedo que cruza os beizos é unha invitación ao silencio. O cóbado que apoia sobre o cofre pechado é un sinal de avariciaSegundo Panofsky sería a plasmación da vida contemplativaAparece acompañado do Crepúsculo e da Aurora

La Tumba de los Médicis. Lorenzo de Médici.

Mármol blanco. 1519.

O crepúsculo , 1524Na tumba de Lourenzo de Médici

Esta escultura, xunto co Día. Asóciase cun estado de transición e incerteza, e polo tanto

coa vida contemplativa encarnada por Lourenzo

Representación da Aurora Na tumba de Lourenzo de Médici

Asociada coa imaxe da Vida Contemplativa de Lourenzo, é unha das figuras completamente

acabadas, agás algunha zona que ficou sen pulimentar1530

A AuroraDetalle da Tumba

de Lourenzo de Médici

Tumba de Giuliano de Médici

As estatuas dos duques non son retratos, senón efixies idealizadas, algo frecuente na arte funeraria

Para Panofsky sería a representación da Vida ActivaAs moedas esparexidas no seu colo indican a súa xenerosidade

en cuestións de diñeiro

Giuliano de Médici

Detalle de Xuliano de Médici

Representación do Día Na tumba do duque Giuliano

Conservamos un texto de Miguel Anxo en que fala

desta obra en concreto, dicindo así: “(...) O Día e a Noite falan e din: co noso curso veloz levamos o duque Giuliano á morte; é xusto que tome

vinganza de nós, como o fai. E a vinganza é esta: que matándoo nós a el, el, morto, quitounos a luz; cos seus ollos pechados pechounos os nosos, que xa non brillan

sobre a terra. Que faría, pois, con nós en vida? (...)”

Representación da Noite

Na tumba do duque Giuliano

Atopamos unha cualidade táctil que non vemos en ningunha outra das súas esculturas, na capacidade de usar expresivamente o modelado, non tanto para evocar diferentes texturas, como para subliñar as formas máis elocuentes da figura

Cun torso ao gusto de Miguel Anxo, o rostro e o xesto son moi admirados

O tema da PIETÁ

1550

1552-1564

1499

1553-55

Esta obra iníciase trala morte de Vittoria Colonna, para quen fixera a comezos da década unha Piedade debuxada

Tenta mostrar ao máximo o corpo de Cristo. As figuras están representadas a distintas escalas. A delgadez das pernas do corpo de Cristo responde a unha fase do proxecto que é posterior ao resto das figuras (a dirección do cambio ía na liña de reducir o volume); unha desmaterialización que acentuaría aínda máis a expresividade desta escultura

Obras de vellez:anuncio

do Barroco

Pietá , 226 cm. 1550 (Museo dell'opera de Duomo - Florencia) 

Nesta obra ofrécesenos unha posición á vez frontal e forzada, como se o esaxerado desexo do escultor de pór ante os nosos ollos o que ocorre rachase a composición, provocando xustaposicións disonantes de formas e volumes

Pietà Palestrina (¿1553-55?) mármore: 253 cm

Galleria dell'Accademia, Florencia

A Piedade Rondanini. Mármore branco.1553.

A Piedade Rondanini Mármore branco

1553

Iniciada cando rondaba os 80 anos, vemos unha obra incompleta e modificada

No manto que cobre a cabeza poden distinguirse as pegadas da versión anterior, na que o rostro da virxe esta volto, nun xesto de dor e desesperación cara ao ceo

Na última versión, Miguel Anxo renuncia á idea de contraste entre os vivos e mortos

Renuncia, tamén, adelgazando e desmaterializando o corpo de Cristo, á sensación de esforzo implícita no xeito de configurar a escena: a Nai que, de pé, sostén , vertical, o Fillo morto

Así como as dúas cabezas repiten o xesto que as borra na sombra, os dous corpos fúndense nunha verticalidade ingrávida e nocturna

ANDREA DEL VERROCHIO(1435-1488)

ESCOLA FLORENTINA

David (1473-75) Florencia

Il Colleoni (1479-1488), Venecia

Il Colleoni (1479-1488. Venecia): retrato ecuestre dun condotieri, réplcia do

Gattamelata. Situado nunha praza de Venecia, a estatua levántase nun enorme

pedestaFronte ao Gattamelata que avanza

tranquilamente, agora atopámonos coa tensión de Il Colleoni, quen adopta unha

pose altiva, e a do seu cabalo, que ten un gran impulso cara adiante

BENVENUTO CELLINI (1500-1574)

Foi famoso por escribir unhas Memorias autobiográficas e por ser un gran artista da fundición en bronce, da ourivería e do esmalta, as medallas e as xemas. Cellini era ante todo un ouriveiro que lograba, a pequena escala, maiores éxitos que as súas figuras ao naturalFoi un verdadeiro humanista, un artista práctica como teórico, escribiu o seu famoso (Florencia 1568) sobre escultura, e viaxou por toda Italia, instalándose finalmente en FranciaPerseo (1554, Plaza de la Signoría, Florencia): foi un encargo de Cosme de Médicis. A escultura representa a Perseo, mozo e de grande beleza, que amosa a cabeza da Medusa que acaba de cortar mentres que coa outra man sostén a espada. Aos seus pés atópase o corpo do monstro. O pedestal sobre o que se apoia a escultura demostra o seu traballo de ouriveiro e a súa minuciosidadeO tema perdeu o carácter épico e céntrase no anecdótico

LA ESCULTURA DESPUÉS DE MIGUEL ÁNGEL

Benvenuto Cellini (1500-1571).Perseo coa cabeza de Medusa

(1554). Florencia,Logia dei Lanzi

Cellini - Busto de Cosme I de Médici

(bronce, Florencia, Bargello, 1545-48) 

Jean de Boulogne, chamado Giambologna (Douai 1529 - Florencia 1608)

Giambologna - Mercurio

(Bologna, Museo Civico, 1563)

Giambologna - Mercurio (Firenze, Museo Nazionale del Bargello, 1580)

Giambologna – Rapto da Sabina (Florencia, Loggia dei Lanzi, 1583)