Download - [Filmoteca] a A Ciambra · cinema clásico italiano. Tentei encontrar en cada persoa a súa mellor representación como ac-tores. A idea era sempre usar o má-ximo posible de elementos

Transcript
Page 1: [Filmoteca] a A Ciambra · cinema clásico italiano. Tentei encontrar en cada persoa a súa mellor representación como ac-tores. A idea era sempre usar o má-ximo posible de elementos

[Filmoteca]Sesión do 19 de novembro de 2018 a A Ciambra

A Ciambra. Italia, 2017. Cor, 113 min. Drama social | Dirección e guión: Jonas Carpignano | Fotografía: Tim Curtin| Música: Dan Romer | Elenco: Pio Amato (Pio), Koudous Seihon (Ayiva), Damiano Amato (Cosimo), Iolanda Amato(Iolanda), Patrizia Amato (Patatina), Francesco Pio Amato (Keko) | Produción: DCM Productions, Film I Väst

PREMIOSa

Festival de Sevilla 2017Mellor ActorPremios David di Donatello 2017Mellor Dirección e Montaxe

SINOPSEa

Na comunidade xitana d'A Ciambra,universo sen lei, a familia é o pri-meiro. Así o ve Pio, de 14 anos, cuxomodelo de conduta é o seu irmánCosimo. Cando este vai ao cárcere,Pio ve a oportunidade de amosar quexa é un home provendo á familia deperigosas maneiras. Pero ser adultoten un prezo moi superior ao queimaxina.

ENTREVISTA AO DIRECTOR

Como se xestou o filme? Tras rodarsobre africanos, quería que o públi-co se fixase nos xitanos?Levo 7 anos vivindo en Gioia Tauro. Aidea era non facer un retrato imper-sonal da comunidade xitana. O meupunto de partida sempre é un perso-naxe, e esta vez quería contar a his-toria de Pio, a quen coñecín hai 4anos. Estaba a facer o casting, e vina un mozo de menos de 12 anos cu-nha chaqueta de coiro negro e pe-diume un cigarro. A súa actitude sor-prendeume inmediatamente, era tandiferente á dos outros...

E coñeceu a toda a comunidade?Todo empezou cun coche que nosroubaron cando estaba a rodar unhacurta hai 7 anos. Cando che roubanen Gioia Tauro, vas ver os xitanos;alí fun, e namorei da súa enerxía.Pasei 5 anos indo por A Ciambramentres pensaba na película quequería facer. Establecín unha rela-ción estreita coa familia Amato, efun adaptando o guión que xa tiñaen mente, enriquecéndoo con ele-mentos da súa vida real. Unha ex-celente amizade xurdiu dun dos mo-mentos máis estresantes da miñavida, nunca se sabe.

O seu filme ten unha atmosferaneorrealista que encontra ecos nocinema clásico italiano. Tentei encontrar en cada persoa asúa mellor representación como ac-tores. A idea era sempre usar o má-ximo posible de elementos do seuuniverso para tentar representar fi-dedignamente as súas experienciasen pantalla, a súa vida n'A Ciambra.Filmámolos na súa casa, usando asúa roupa e os seus coches. Mesmoa música da banda sonora é o queescoitas de verdade cando estásalá. A idea era meter ao públiconun lugar que realmente existe.

Na rodaxe, cinguiuse a un guiónríxido, ou houbo improvisación?O meu método de traballo é escribiro guión mentres vivo a miña vida;oio certas frases, escríboas e insí-roas no guión. Ao traballar con ac-tores non profesionais, persoas quepertencían ao mundo que estaba aretratar, pode parecer que todo es-tá improvisado, pero había un guióncomo tal, e cinguímonos a el.

Como foi dirixir o equipo técnico?Foi un desafío máis. Tiñan queacostumarse á idea de que aquelnon era un set común. A nosa rutinaera mostralos acordando de mañá epasar varias horas gravando peque-nas cousas aquí e alá. Ese enfoquecase documental era un tanto ex-cepcional, e algunhas persoas nonentendían cando comezaba ou re-mataba a xornada de traballo. Ti-ven que convencelos para adaptarsea este outro ritmo.

O filme confirma uns cantos este-reotipos, e dun modo realista...Pero non creo que difamase á co-munidade xitana, á cal amo con to-do o meu corazón e considero a mi-ña familia. O importante é mostraro lado humano, ver máis aló dos es-tereotipos. Eu tento evitar xogar aser un benefactor, custe o que cus-te; o desafío que me poño a minmesmo, e que tamén poño ao es-

pectador, é mostrar o que son enrealidade e querelos a pesar de to-do, facer ver á xente que son per-soas, igual que nós, a pesar de querouben.

O protagonista, Pio Amato, posúeunha química evidente con Kou-dous Seihon, quen participou entodos os seus filmes. Como o con-seguiron, sendo el un neno e unactor non profesional?Koudous e eu somos compañeiros depiso desde hai 7 anos. E Pio fíxoseamigo noso desde a primeira vez queestiven n'A Ciambra. Entón, acabousendo unha evolución moi orgánica.Pasamos moito tempo xuntos, gús-tanos traballar xuntos. A idea demostrar a evolución da súa amizadefoi unha cousa que levou a outra. Foialgo que aconteceu naturalmente,eu só tiven que transcribir o que pa-saba nas nosas vidas. Penso que deaí esa naturalidade. Nunca foi algoque se discutise ou planease inserirno filme.

Martin Scorsese é produtor execu-tivo do seu filme. Como foi a ex-periencia de traballar con el?Moi emocionante. Eu era moi fan deScorsese, e el converteuse nunha es-pecie de guía espiritual. Encantoulleun álbum de fotos que fixen d'ACiambra, e pediume ler o guión. Pe-ro non tentou cambialo. Logo viuunha versión da montaxe, e deunosalgúns consellos sobre os cortes e oson. Fixo que me sentise coma unestudante aprendendo sobre a miñapropia longametraxe. El comezou aexplicarma, e cando el fala, ti es-coitas. Estaba interesando en falarnon só como cineasta, senón taméncomo espectador. Comentou o im-pacto emocional que o filme tivo nele quería axudarnos a levar os puntosemocionais do filme nunha direcciónen que fosen máis eficientes. Foimoi importante contar cos seus con-sellos, a súa presenza notouse noresultado final.

Mércores 21: Matar a Jesús · Laura Mora Ortega | Luns 26: Demasiado cerca · Kantemir Bagalov