1. As orixes de Roma 2. A república romana 3. A conquista ... · A conquista de Gallaecia Os...

14
1. As orixes de Roma 2. A república romana 3. A conquista de Hispania 4. O imperio romano 5. Crise e fin do imperio romano

Transcript of 1. As orixes de Roma 2. A república romana 3. A conquista ... · A conquista de Gallaecia Os...

Page 1: 1. As orixes de Roma 2. A república romana 3. A conquista ... · A conquista de Gallaecia Os romanos deron o nome de Gallaecia ao noroeste peninsu-lar. Gallaecia procede do nome

1. As orixes de Roma

2. A república romana

3. A conquista de Hispania

4. O imperio romano

5. Criseefindoimperioromano

Page 2: 1. As orixes de Roma 2. A república romana 3. A conquista ... · A conquista de Gallaecia Os romanos deron o nome de Gallaecia ao noroeste peninsu-lar. Gallaecia procede do nome

152

1. AS ORIXES DE ROMANo século VIII, cando no mundo grego estaban a formarse as primeiras polis e comezaban a celebrarse as Olimpíadas, na península itálica xurdiu unha cidade –Roma– que acabará sendo o centro dun grande imperio.

As orixes de Roma

• As orixes de Roma mestúranse coas lendas que os escritores latinos posteriores elaboraron para engrandecer a historia da cidade, vinculando os seus fundadores cos deuses e cos heroes da guerra máis famosa da antigüidade, a guerra de Troia. Segundo estas lendas, Roma foi fundada polos irmáns Rómulo e Remo (descendentes de Eneas, un heroe troiano) no ano 753 a.C.

• A historia e a arqueoloxía indican que a mediados do século VIII a.C. a primitiva Roma ocupaba o monte Palatino e, posteriormente, a poboación foi ocupando outros outeiros próximos.

• Roma está situada na comarca do Lacio, onde se falaba o latín. Os romanos adoptaron o sistema de escritura dos gregos que, con modificacións, se converteu no alfabeto latino que empregamos nós hoxe.

Os tempos da monarquía: 753-509 a.C.

• O primeiro sistema político de Roma foi a monarquía. Os reis concentraban todo o poder: o relixioso (sumo sacerdote), o xudicial (xuíz supremo) e o militar (máximo dirixente do exército).

• A sociedade estaba organizada en dous grupos:

– Os patricios: unha minoría que controlaba o poder político, económico e relixioso.

– Os plebeos: a maioría da poboación que carecía de dereitos políticos, é dicir, non participaban no goberno da cidade.

Page 3: 1. As orixes de Roma 2. A república romana 3. A conquista ... · A conquista de Gallaecia Os romanos deron o nome de Gallaecia ao noroeste peninsu-lar. Gallaecia procede do nome

Actividades

153

1. Segundo a lenda, os fundadores de Roma foron criados por unha loba. Esta escultura acabou por ser o símbolo de Roma. Como se chamaban os fundadores de Roma?

Roma e Rema Remo e Rómulo Ramiu e Roma

2. Cando se fundou a cidade de Roma?

853 a.C. 753 d.C. 753 a.C. 509 a.C.

3. Completa este texto: Roma foi fundada na rexión do .................... O idioma que se falaba era o ....................... O primeiro sistema político de Roma foi a .............................., que durou ata o ano.....................

4. Une con frechas:

Rómulo •PatriciosMinoría poderosa •Latín Idioma •MonarquíaSistema político •RemoRexión xeográfica •Plebeos Maioría sen poder •Lacio

5. Roma é coñecida como a “cidade dos sete outeiros”. Nun deles iniciouse a cidade e, máis tarde, foron ocupándose os restantes.

• Como se chamaba o outeiro no que se iniciou Roma? ............................

• Fíxate na ilustración e copia os nomes dos sete outeiros nos que se asentou a primitiva cidade de Roma. .................

.................................................................................................

Page 4: 1. As orixes de Roma 2. A república romana 3. A conquista ... · A conquista de Gallaecia Os romanos deron o nome de Gallaecia ao noroeste peninsu-lar. Gallaecia procede do nome

154

2. A REPÚBLICA ROMANA. 509-27 a.C.No ano 509 a.C. rematou a monarquía e iniciouse a república.

A organización política da república. No sistema republica-no, o poder –que os romanos sintetizaban nas siglas SPQR (Senatus Populus-Que Romanus, o Senado e o pobo de Roma)– repartíase entre:

• Senado: era a principal institución de goberno, formado por maxistrados de prestixio e con experiencia política.

• Asembleas populares: estaban formadas polos cidadáns. Tiñan o poder de elaborar as leis (poder lexislativo) e de elixir os maxistrados.

• Maxistrados: eran elixidos nas asembleas. Os cuestores realizaban funcións económicas; os edís, administrativas; os censores elaboraban o censo, etc. Os cónsules dirixían o exército e presidían a república.

A expansión territorial. Durante a época republicana, Roma iniciou a súa expansión e conquistou amplos territorios no con-torno do Mediterráneo.

A fin da república. A grande extensión do dominio de Roma orixinou múltiples dificultades (rebelións de escravos como a de Espartaco; protestas dos pobos sometidos; excesivo poder dos cónsules...). Así, no ano 27 a.C., Octavio, logo de vencer os seus rivais (Lépido e Marco Antonio) instaurou unha nova for-ma de gober-no persoal: o imperio, dan-do así fin ao período repu-blicano.

A expansión territorial de Romana época republicana.

Page 5: 1. As orixes de Roma 2. A república romana 3. A conquista ... · A conquista de Gallaecia Os romanos deron o nome de Gallaecia ao noroeste peninsu-lar. Gallaecia procede do nome

Actividades

155

6. Entre que datas estivo vixente en Roma o réxime republicano?

753-27 d.C. 876 a.C.-34 d.C. 509-27 a.C. 753-509 a.C.

7. Que significan as siglas SPQR? ..............................................

.................................................................................................

8. Une con frechas os maxistrados coa súa función:

Censor •AsuntosadministrativosEdil •DirixiroexércitoCuestor •ElaboraroscensosCónsul •Asuntoseconómicos

9. Fíxate no mapa da páxina anterior e responde:

• Entre que datas foron conquistadas as grandes illas do Me-diterráneo occidental?

Entre 272 e 146 a.C. Entre 509 e 146 a.C. Entre 272 e 27 a.C.

• Entre que datas foi conquistado o litoral mediterráneo da península ibérica?

Entre 590 e 146 a.C. Entre 146 e 27 a.C. Entre 272 e 146 a.C.

• Foi conquistado o noroeste de península ibérica (actual Ga-licia) durante o período da monarquía romana?

Si Non

10. Actividade complementaria: Xulio César foi un dos personaxes máis destacados da república romana. Para coñecelo mellor, podes facer unha destas tres opcións: ver un vídeo sobre a súa actividade militar (http://www.youtube.com/watch?v=rtbRWEC6rTA&feature=

related), facer unha breve biografía consultando a Internet ou comentar un dos cómics de Astérix (centrados na resistencia dos galos fronte ás lexións de César).

Page 6: 1. As orixes de Roma 2. A república romana 3. A conquista ... · A conquista de Gallaecia Os romanos deron o nome de Gallaecia ao noroeste peninsu-lar. Gallaecia procede do nome

156

3. A CONQUISTA DE HISPANIA. 218-19 a.C. Roma, na súa expansión polo Mediterráneo, conquistou a pe-nínsula ibérica, á que os romanos denominaron Hispania.

As etapas da conquistaA conquista da península ibérica iniciouse no ano 218 a.C. cando os romanos, dirixidos por Publio e Cneo Escipión, des-embarcaron en Emporion.

A conquista realizouse avanzando desde a costa mediterrá-nea cara ao interior, ata alcanzar as terras do norte.

• Primeiro ocuparon a franxa mediterránea.

• Logo avanzaron sobre a Meseta, onde venceron os celtibe-ros, que resistían en Numancia, e aos lusitanos, dirixidos por Viriato. Polas mesmas datas conquistaron Baleares.

• Finalmente dominaron o norte tras derrotar os cántabros, ástures e galaicos; na campaña participou persoalmente o primeiro emperador, Octavio Augusto.

A conquista de GallaeciaOs romanos deron o nome de Gallaecia ao noroeste peninsu-lar. Gallaecia procede do nome dun dos pobos que habitaban a zona –os galaicos– cos que se enfrontou Roma na súa ex-pansión. Para conquistala foron precisas varias expedicións, destacando as de:

• Décimo Xuño Bruto, o Galaico (137-136 a.C.), que obtivo a vitoria na batalla xunto ao río Douro e que atravesou o río Limia.

• Xulio César (61-60 a.C.) quen, procedente de Gades (Cádiz), chegou ata Brigantium (A Coruña), causando un forte impacto entre os pobos indíxenas a escuadra romana, porque nunca viran un despregamento naval de tal envergadura.

• Octavio Augusto foi quen conseguiu o dominio definitivo da rexión tras vencer a resistencia dos pobos indíxenas. Nun lu-gar aínda sen localizar (actuais Médulas?) tivo lugar a definitiva derrota dos galaicos na batalla de Monte Medulio (25 a.C.).

Page 7: 1. As orixes de Roma 2. A república romana 3. A conquista ... · A conquista de Gallaecia Os romanos deron o nome de Gallaecia ao noroeste peninsu-lar. Gallaecia procede do nome

Actividades

157

11. Colorea as tres fases da conquista romana e identifica unha loca-lidade en cada unha das fases (Emporiom, Numancia e Lucus Augusti).

12. Completa este texto:Para conquistar Ga-llaecia foron precisas varias expedicións, destacando as de: Décimo Xuño Bruto, o ............. (137-136 a.C.), que obtivo a vitoria na batalla xunto ao río ............... e que atra-vesou o río Limia. Xulio César (......-60 a.C.) quen, procedente de ............... (Cádiz), chegou ata .................... (A Coruña). Octavio Augusto, foi quen conseguiu o dominio definitivo do territorio tras vencer a resistencia dos pobos ..................... Nun lugar aínda sen localizar tivo lugar a definitiva derrota dos galaicos na batalla de Monte ...................... (25 a.C.).

13. Moitos dos historiadores romanos destacaron a valentía dos galaicos no seu enfrontamento cos romanos. A derradeira batalla foi a de Monte Medulio, coa que se deu por concluída a conquista do noroeste. Le o seguinte texto e responde: que fixeron os romanos para tomar Monte Medulio? Que fixeron os galaicos antes de ser capturados polos romanos?

A fin da conquista de Gallaecia

Ao final tivo lugar o acoso de Monte Medulio, ao que se cercou cun foxo continuo de quince millas para conquistalo, avanzando o romano por todas partes e ao mesmo tempo. Logo que os bárbaros [galaicos] ven que a súa fin é chegada, teimosamente, entre festas, déronse morte con lume, espada e veleno que alí extrae a xente dos teixos, e a meirande parte librouse da catividade, que lles parecía peor que a morte aos que ata ese momento non foran dominados.

L. A. FLORO. Epítome de Tito Livio. Século II d.C.

Page 8: 1. As orixes de Roma 2. A república romana 3. A conquista ... · A conquista de Gallaecia Os romanos deron o nome de Gallaecia ao noroeste peninsu-lar. Gallaecia procede do nome

158

4. O IMPERIO ROMANO. 27 a.C-476 d.C.

Durante cinco séculos Roma dominou as terras que rodean o mar Mediterráneo. As conquistas iniciadas na República conti-nuaron no Imperio ata culminar no século II d.C.

O emperador

Durante o imperio seguiron existindo as institucións republica-nas pero quedaron supeditadas ao poder do emperador. El tiña o mando supremo do exército, o dereito de elaborar e aprobar leis e de nomear maxistrados; ademais, actuaba como sacer-dote supremo. Á súa morte os emperadores eran divinizados e rendíaselles culto.

Expansión e organización territorial

A comezos do século II d.C. o imperio alcanzou a súa máxi-ma extensión coas conquista de Traxano (92-117 d.C). Roma dominaba desde a península ibérica no oeste a Mesopotamia no leste, e desde as illas británicas e os ríos Rin e Danubio no norte ao deserto do Sáhara no sur. Por iso chamaron ao mar Mediterráneo mare nostrum (o noso mar).

O territorio dominado era organizado en provincias. O núme-ro de provincias variou ao longo do imperio, multiplicándose o seu número coa incorporación de novos territorios e subdivi-dindo as xa existentes da época republicana.

Así, no caso de Hispania, inicialmente foron dúas provincias: a Citerior (a máis próxima a Roma) e a Ulterior (a máis afasta-da). Pero a finais da dominación romana eran seis, todas cun-ha cidade capital: Bética (Córdoba), Lusitania (Mérida), Tarraconense (Ta-rragona), Gallaecia (Braga), Cartaxi-nense (Cartaxena), Baleárica (Palma).

Os dominios de Roma durante o Imperio

Page 9: 1. As orixes de Roma 2. A república romana 3. A conquista ... · A conquista de Gallaecia Os romanos deron o nome de Gallaecia ao noroeste peninsu-lar. Gallaecia procede do nome

Actividades

159

14. Moitas provincias estaban subdivididas en conventos, nome que os romanos deron ás unidades administrativas de carácter xudicial, de recadación de impostos e de recrutamen-to de tropas. Así, a provin-cia de Gallaecia, estaba dividida en catro conven-tos coas súas respectivas cidades capitais: o Lu-cense (Lugo), Bracarense (Braga), Astur (Astorga) e Cluniacense (Clunia).

Fíxate no mapa e une con frechas os nomes latinos de cidades destacadas cos seus nomes actuais

LucusAugusti •MéridaCartagoNova •MéridaHispalis •SevillaGades •ZaragozaEmeritaAugusta •LugoAsturicaAugusta •TarragonaBracaraAugusta •CórdobaCaesaraugusta •CartaxenaTarraco •CádizCorduba •Braga

15. Observa o mapa e responde: con que convento da Gallaecia se corresponde a actual Galicia? .............................................

16. Que poderes tiña o emperador romano? .................................

.................................................................................................

17. Cando alcanzou o imperio romano a súa máxima extensión?

.................................................................................................

División provincial de Hispania no s. IV.

Page 10: 1. As orixes de Roma 2. A república romana 3. A conquista ... · A conquista de Gallaecia Os romanos deron o nome de Gallaecia ao noroeste peninsu-lar. Gallaecia procede do nome

160

5. CRISE E FIN DO IMPERIO ROMANOA partir do século III xurdiron numerosos problemas de carácter interno e externo que remataron coa desaparición do imperio romano de occidente no 476 d.C.

A crise do século III. Estivo provocada principalmente por:• Os ataques dos pobos limítrofes do imperio, chamados

bárbaros polos romanos, que atravesaban as fronteiras (xermanos, sármatas, persas, mauritanos...).

• O exército, que impuxo a súa vontade elixindo os emperadores, desposuíndo ao Senado de toda autoridade.

• As dificultades económicas: diminución da produción e do comercio, redución da moeda, descenso da poboación, abandono das cidades, empobrecemento xeral do estado romano e dos particulares.

A pesar dos intentos de varios emperadores (Constantino, Teodosio) de frear a crise, desde finais do século IV o imperio viuse sacudido polas grandes invasións de pobos xermanos, obrigados a trasladarse cara ao oeste pola presión dos hunos, pobo procedente de Asia dirixido por Atila. No ano 395 os fillos de Teodosio repartíronse o imperio: Honorio como emperador de occidente (con capital en Roma) e Arcadio de oriente (con capital en Constantinopla).

A fin do imperio romano de Occidente. Ao longo do século V tiveron lugar novos acontecementos que puxeron fin ao imperio de occidente, entre os que destacan:

• Loitas internas por conseguir o poder imperial (15 emperadores en 68 anos).

• Os bárbaros (francos, suevos, vándalos, alanos, godos, hérulos...) que, a comezos do século IV, penetraron no imperio e se asentaron nel.

• No ano 476, o derradeiro emperador de occidente, Rómulo Augústulo, foi destronado polo rei dos hérulos, Odoacro, finalizando así o poder de Roma.

Page 11: 1. As orixes de Roma 2. A república romana 3. A conquista ... · A conquista de Gallaecia Os romanos deron o nome de Gallaecia ao noroeste peninsu-lar. Gallaecia procede do nome

Actividades

161

18. Indica se son verdadeiras (V) ou falsas (F) as seguintes afir-macións. Corrixe as falsas escribíndoas correctamente.

• ApartirdoséculoVIcomezaronasdificultadesgravesdoimperioromano.

V F ..........................................................................

• Atila, o rei dos suevos, ameazou gravemente o poderromano.

V F ..........................................................................

• Noano476,oderradeiroemperadordeoccidente,RómuloAugústulo,foidestronadopoloreidoshérulos,Odoacro.

V F ..........................................................................

• Noano395osfillosdeTeodosiorepartíronseoimperio:Ar-cadiocomoemperadordeoccidente(concapitalenRoma)eHonoriodeoriente(concapitalenConstantinopla).

V F ..........................................................................

• Problemasdecarácterinternoeexternoremataroncoades-aparicióndoimperioromanodeoccidenteno1453.

V F ..........................................................................

19.Uneconfrechas:

Atila •ReidoshérulosOdoacro •Emperadorromanodeoccidente395 •CapitaldoimperioromanodeoccidenteHonorio •EmperadorromanodeorienteRoma •FindoimperioromanodeoccidenteArcadio •CapitaldoimperioromanodeorienteConstantinopla •Reidoshunos

Page 12: 1. As orixes de Roma 2. A república romana 3. A conquista ... · A conquista de Gallaecia Os romanos deron o nome de Gallaecia ao noroeste peninsu-lar. Gallaecia procede do nome

162

AutoavaliaciónTema 10

Roma e o seu imperio

Responde a estas cuestións.

1. Segundo a lenda, como se chamaban os fundadores de Roma?

Roma e Rema Remo e Rómulo Ramiu e Roma

2. Cando se fundou a cidade de Roma?

853 a.C. 753 d.C. 753 a.C. 509 a.C.

3. Entre que datas estivo vixente en Roma o réxime republicano?

753-27 d.C. 509-27 a.C. 753-509 a.C.

4. Une con frechas os maxistrados coa súa función:

Censor •Asuntosadministrativos

Edil •Dirixiroexército

Cuestor •Elaboraroscensos

Cónsul •Asuntoseconómicos

5. Completa este texto:

Para conquistar Gallaecia foron precisas varias expedicións, destacando as de: Décimo Xuño Bruto, o ............. (137-136 a.C.), que obtivo a vitoria na batalla xunto ao río ............... e que atravesou o río Limia. Xulio César (......-60 a.C.) quen, pro-cedente de ............... (Cádiz), chegou ata .................... (A Co-ruña). Octavio Augusto, foi quen conseguiu o dominio definiti-vo do territorio tras vencer a resistencia dos pobos .................. Nun lugar aínda sen localizar tivo lugar a definitiva derrota dos galaicos na batalla de Monte ................ (25 a.C.).

6. Cando alcanzou o imperio romano a súa máxima extensión?

.................................................................................................

Page 13: 1. As orixes de Roma 2. A república romana 3. A conquista ... · A conquista de Gallaecia Os romanos deron o nome de Gallaecia ao noroeste peninsu-lar. Gallaecia procede do nome

163

AutoavaliaciónTema 10

Roma e o seu imperio

Para comprobar a túa aprendizaxe, consulta a información do tema e anota o

número de: Acertos Erros

7. Une con frechas os nomes latinos de cidades romanas cos seus nomes actuais:

LucusAugusti •MéridaCartagoNova •MéridaHispalis •SevillaGades •ZaragozaEmeritaAugusta •LugoAsturicaAugusta •TarragonaBracaraAugusta •CórdobaCaesaraugusta •CartaxenaTarraco •CádizCorduba •Braga

8. Indica se son verdadeiras (V) ou falsas (F) as seguintes afir-macións. Corrixe as falsas escribíndoas correctamente.

• ApartirdoséculoVIcomezaronasdificultadesgravesdoimperio romano.

V F ..........................................................................

• Atila,oreidossuevos,ameazougravementeopoderromano.

V F ..........................................................................

• Noano476,oderradeiroemperadordeoccidente,RómuloAugústulo, foi destronado polo rei dos hérulos, Odoacro.

V F ..........................................................................

• Noano395osfillosdeTeodosiorepartíronseoimperio:Ar-cadio como emperador de occidente (con capital en Roma) e Honorio de oriente (con capital en Constantinopla).

V F ..........................................................................

• Problemasdecarácterinternoeexternoremataroncoades-aparición do imperio romano de occidente no 1453.

V F ..........................................................................

Page 14: 1. As orixes de Roma 2. A república romana 3. A conquista ... · A conquista de Gallaecia Os romanos deron o nome de Gallaecia ao noroeste peninsu-lar. Gallaecia procede do nome